De conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e co Regulamento UE 2016/679, os datos recadados serán incorporados pola Universidade da Coruña (UDC) no tratamento “Usuarios de servizos da UDC” coa finalidade da xestión de persoas físicas ás que a Universidade da Coruña lles ofrece ou presta servizos non académicos.
O responsable de dito tratamento é a Universidade da Coruña con domicilio na Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña, (A Coruña) e correo electrónico: protecciondatos@udc.gal
Tamén pode poñerse en contacto co Delegado de Protección de Datos da UDC a través do enderezo electrónico dpd@udc.gal
A base de xustificación deste tratamento é o consentimento expresado polas persoas interesadas.
Todos os datos recollidos neste cuestionario serán totalmente anónimos, non figurando datos persoais nas publicacións que, de ser o caso, se deriven deste estudo (Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais). A participación neste estudo é libre e voluntaria. O feito de cubrir a enquisa indica a voluntariedade de participación neste proceso
Non se prevén cesións nin transferencias de datos, agás ás administracións públicas con competencia na materia, clubs deportivos e federacións, institucións colaboradoras e ás empresas que presten servizos nas actividades ofertadas.
As persoas interesadas poden exercer ante o responsable do tratamento os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da Sede Electrónica da UDC no apartado Outros trámites:
https://sede.udc.gal
Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que consideren oportuna.
No caso de non facilitar o consentimento, os datos non serán tratados, pero non se lles poderá ofertar o servizo solicitado.
Os datos serán conservados durante o período no que se realice a finalidade para a que foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais. Cumprida a finalidade, os datos se bloquearán ou eliminarán.
A política de privacidade e protección de datos da UDC pódese consultar en https://udc.gal/gl/pe/aviso_legal/index.html
Para calquera consulta poden dirixirse a protecciondatos@udc.gal
Na miña condición de representante legal ou contando coa autorización do/a representante legal da persoa que se inscribe na actividade, autorizo o tratamento da imaxe desta/e en relación coa actividade á que se anotou para a súa difusión nos soportes audiovisuais da propia UDC ou externos a esta, medios de comunicación, páxinas web, redes sociais, etc.. todo elo sempre vinculado á actividade na que vai participar. Esta autorización poderá revogarse en calquera momento enviando un correo electrónico a plan.corresponsables@udc.gal.